Xamba
peza que sostén un lintel ou arco From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Denomínase xamba (do francés jambe 'perna', tomado da forma camba do latín vulgar)[1] ou macheta[2] a cada unha das dúas pezas labradas que, postas verticalmente nos dous lados das portas o fiestras, sosteñen o lintel ou o arco que os cobre[3]. Tanto se o muro da casa é de cachotería coma de cantaría as xambas adoitan ser pezas de perpiaño.
Outros sinónimos en galego son: agulla, pé dereito, mocheta, tranqueiro e ucheira[4].
Denomínase xambaxe ao conxunto formado polas xambas e o lintel dunha porta ou ventá[5].
Remove ads
Galería de imaxes
- Xamba do Pórtico da Gloria.
- Xamba dunha porta na Catedral de Santiago de Compostela.
- Pezas pétreas que conforman as xambas dunha fiestra grande (marcadas co nº 4 na imaxe).
- Tranqueiro ou xamba sinalado nunha fiestra do Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads