Xavier Suárez-Vence

empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Francisco Javier Suárez-Vence Santiso, nado na Baña o 16 de agosto de 1935 e finado en Lamas (Boqueixón) o 26 de xullo de 2024, foi un empresario e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de José María Suárez Vence. Licenciado en Dereito. Foi delegado do Ministerio de Obras Públicas en Pontevedra e Secretario da Fundación Galicia-Empresa. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1987) así como conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986).

En xuño de 1987 deixou Alianza Popular[1] xunto con Barreiro Rivas. Logo de integrarse en Coalición Galega e de apoiar a moción de censura que deu o goberno ao socialista Fernando González Laxe foi nomeado conselleiro de Educación[2].

En 1988, como consecuencia da dimisión de Xosé Luís Barreiro Rivas, procesado por un presunto delito de suborno e prevaricación, Suárez-Vence foi nomeado vicepresidente do goberno galego[3] Desta etapa destaca a súa mediación para que 600 traballadores da factoria de Citroën de Ourense deixaran o peche que mantiñan na catedral de Santiago de Compostela[4].

Converteuse ademais no home forte de Coalición Galega ao asumir o cargo de secretario xeral[5]. En febreiro de 1989 asinou o acordo cos dirixentes do Partido Nacionalista Vasco (PNV), as Agrupaciones Independientes de Canarias (AIC) e o Partido Nacionalista de Castilla y León (Pancal) para concorrer baixo o nome de Coalición Nacionalista nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1989[6]. Dos resultados electorais o "coaga" José Posada conseguiría ser deputado no Parlamento Europeo de forma rotatoria entre 1993 e 1994 (e de novo en 1999), ademais de ser o primeiro parlamentario en usar o galego na cámara europea[7].

Alonxado da vida política, centrouse na actividade empresarial dentro de Galimerca, Patrimonial Raíces e do centro comercial Área Central, do que en 2015 foi presidente.[8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads