Boqueixón
concello da comarca de Santiago, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boqueixón.
Remove ads
Demografía
Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.[1]

Evolución da poboación de Boqueixón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.232 | 4.432 | 5.062 | 5.511 | 4.337 | 4.417 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Xeografía
O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peneplano arrasado que descende suavemente de altitude.
Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.
Remove ads
Historia
Toponimia
Gonzalo Navaza sinala na súa obra sobre a orixe do topónimo que[2]:
Boqueixón é topónimo único, de etimoloxía descoñecida. Admítese a posible rela-ción co substantivo común boca (latín bŭcca), que na toponimia pode designar pasos estreitos ou furnas e cavidades. É suxestiva a idea que vincula esa boca á cova do alto do Pico Sagro, a spelunca, quod ab antiquis vocitata erat Mons Illicinus (ano 1029, ‘a espe-nuca que os antigos chamaban Monte Ilicino’), in monte qui qondam Illicinus dictus est, post adventum sancti Iacobi Mons Sacer (ano 914, ‘no monte que nun tempo se chamou Ilicino e despois da chegada de Santiago foi Monte Sacro’). Non se pode descartar unha orixe prerromana. As atestacións medievais mostran que a forma do topónimo xa era hai mil anos prac-ticamente a mesma de hoxe: Buquesson, ano 914; Boiqueison, 914; Boqueigion, 1241; ecclesie sancti Vincentii de Boqueygion, 1241; Urracha Didaci de Boqueygion, 1241; Bo-queyon, 1291; ecclesie sancti Vincentii de Boqueyson, 1291.
Idade Media
Conta a Historia Compostelá escrita no século XII que Xelmírez tiña aquí un castelo no que tivo lugar unha das avinzas entre Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII[3]. En 1473 o Arcebispo Alonso de Fonseca mandou reconstruíla fortaleza, que parece ser fora destruída durante a revolta dos Irmandiños; para iso aproveitáronse os materiais do castelo da Rocha -ás portas de Santiago- e do mosteiro de San Sebastián -alí mesmo no Pico Sacro- do que só se salvou parte da capela. A intención de Alonso de Fonseca era contrarrestar o poder que desde a súa Torre de Cira alén do Ulla, exercía o Conde de Altamira.
Idade Contemporánea
O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823. En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).
Remove ads
Patrimonio Relixioso
Igrexa de San Lourenzo da Granxa[4]. Construída no século XI. Posúe muros recebados e encalados deixando ao descuberto os perpiaños graníticos da fachada e os que enmarcan portas, xanelas e esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de tella. No seu interior ten retablos con imaxes e unha columna-sepulcro de reliquias de fins do s. IX- principios do s. X.. Foi construída por mandato do bispo Sisnando[5] e pertenceu ao mosteiro de San Sebastián do Pico Sacro.
Capela de San Sebastián[6]. Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas que se levanta na ladeira sur do Pico Sacro e que foi reformada nos séculos XX e XIX. Entrada porticada sobre catro columnas asentadas sobre un muro de perpiaño que sosteñen un armazón de tellado a tres augas. Consérvase o altar do presbiterio pertencente a antiga construción do século XII. Na capela maior románica consérvanse un par de columnas que responden ao estilo mateano e que serven de apoio ao arco triunfal. A capela é o último vestixio do mosteiro de San Sebastián que o bispo Sisnando I mandou construír no século IX, concretamente no ano 911. A situación do mosteiro no cume do monte, e nun lugar moi agreste, facía imposible o cultivo da terra polo cal o mesmo bispo fixo contruír unha granxa no primeiro lugar fértil preto do mosteiro, para que os monxes puideran cultivar a terra, feito que deu o nome a parroquia da Granxa. Pasado o tempo xunto a esas construcións fíxose unha capela dedicada a San Lourenzo e que sería despois a igrexa parroquial, situada a 500 m. en liña recta ao leste desta capela no cumio do Pico Sacro.
Remove ads
Festas e celebracións
- Na parroquia de Lestedo celébrase a festa da filloa de Lestedo.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Boqueixón.
- Casa particular
- Igrexa de Nosa Señora de Lourdes
- Pico Sacro
- Cruceiro
Parroquias
Lugares de Boqueixón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads