Xesús Corredoyra
pintor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xesús Rodríguez Corredoira de Castro (asinaba artisticamente Xesús Corredoyra), nado en Lugo en 1889 e finado en Portela de Roxos, Santiago de Compostela a principios de decembro de 1939,[1] foi un destacado pintor retratista galego.
Remove ads
Traxectoria
Dende mozo destacaron as súas habilidades nas artes plásticas, polo que recibiu unha bolsa da Deputación de Lugo en 1903 para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde entrou en contacto cos obradoiros de artistas como Joaquín Sorolla, Cecilio Plá ou Ignacio Zuloaga. Participou nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1908 e 1910, e noutras diversas exposicións nacionais e internacionais. Entre 1910 e 1916 a súa obra foi marcada por un intenso sentimento relixioso, época na que comezou a traballar con grandes lenzos, poboados de figuras humanas que miran directamente ao espectador.

En 1915 contraeu matrimonio con Mercedes Bahaamonde e instalouse na Coruña. Pouco despois trasladáronse á aldea de Portela, en Santiago de Compostela, onde tivo moito éxito entre o clero e a burguesía. En 1917 foi galardoado coa Segunda Medalla na Exposición Nacional pola obra Schola Cantorum Compostellanae.[2] A popularidade do artista chegou ata a outra beira do océano Atlántico polo que entre 1922 e 1928 viaxou por América, realizando numerosos retratos. A súa obra foi exposta en cidades como Montevideo, Santiago de Chile, Buenos Aires, A Habana, Washington ou Nova York.
Enfermo de gota, volveu a Galicia no ano 1929. Entre 1934 e 1935 preparou dúas exposicións en Madrid e París que non chegaron a realizarse polo estalido da Guerra Civil. Morreu en 1939, ao final da contenda.
Remove ads
Obra
Xesús Corredoyra foi considerado por moitos dos seus coetáneos o iniciador da escola pictórica galega. Outorgou á súa obra un carácter espiritualizante e simbólico ata entón nunca visto na pintura galega. Rexeitou o costumismo, tan estendido entre os artistas da época, para destacar os compoñentes anímicos dos personaxes, as cores apagadas e as formas elegantemente estilizadas —en ocasións incluso deformadas— para crear unha atmosfera triste, apagada e espiritual, case onírica. Foi tamén un gran retratista, cun estilo moi característico marcado polo escuro cromatismo e o ambiente propio do seu estilo.
Teñen obras súas, entre outras institucións, o Museo Provincial de Lugo (31 obras),[3] o Museo de Belas Artes da Coruña,[4] o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, a Colección Afundación,[5] o Museo Provincial de Pontevedra, a Colección BBVA,[6] o Concello de Santiago de Compostela, o Musée Goya de Castres e o castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda.
Remove ads
Galería de imaxes
- Autorretrato,
Museo Provincial de Lugo. - Charra,
Museo Provincial de Lugo. - Nu sen título, 1907
Museo Provincial de Lugo. - Fame en Lugo, 1910,
Museo Provincial de Lugo. - Dona Matilde Rodríguez Pastor,
1916, Museo de Belas Artes da Coruña. - O amor e as súas penas, 1916,
Colección Afundación. - Schola Cantorum Compostellanae,
1916, Colección BBVA. - As Capas de Santa Sabela, 1910-1939, Belas Artes da Coruña.
- Retrato de don Tomás Campuzano,
Museo Provincial de Lugo. - Copia de San Bernardino de El Greco, Museo de Lugo.
- Retrato de dona Leonor de Amezaga y Balparda de Mendizabal, 1924,
Museo de Belas Artes da Coruña. - A dama do papagaio, 1926,
Museo de Belas Artes da Coruña. - Muller galega,
Museo Provincial de Lugo. - Viúvas de náufragos, 1914,
Museo Provincial de Pontevedra. - Retrato de dona Antonia Núñez,
Museo Provincial de Lugo. - Retrato dos IX Condes de Priegue, 1930,
Museo Provincial de Pontevedra. - Retrato de dona Maura Pascual Escribano,
1931, Museo Provincial de Lugo. - Retrato da nena María Victoria de Ron Pardo,
Museo Provincial de Lugo. - Retrato de don Antonio de Ron Pardo,
Museo Provincial de Lugo. - Retrato do neno Juan Antonio Fernández García, 1939,
Museo Provincial de Lugo. - Pintando no Purgatorio. Os praceres da besta, Museo Provincial de Lugo.
- Retrato da Condesa de Pallares,
Museo Provincial de Lugo. - Con flores a María, 1910,
Museo Provincial de Pontevedra. - Retrato de dona Antolina Labajo, Museo Provincial de Lugo.
- Retrato de moza,
Museo de Lugo. - O enterro de San Froilán, 1910-1916,
Museo Provincial de Lugo. - Agustina Corredoira Ruíz, Museo de Lugo.
- Retrato de dona Antonia Núñez, Museo Provincial de Lugo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads