Xoán Xurxo I de Saxonia

nobre alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Xoán Xurxo I de Saxonia
Remove ads

Xoán Xurxo I (en alemán: Johann Georg I), elector de Saxonia, nado en Dresden o 5 de marzo de 1585 e finado ibídem8 de outubro de 1656, foi un elector de Saxonia, conde palatino de Saxonia e Margrave de Meissen e Misnia en 1611, e membro da Casa de Wettin.

Xoán Xurxo I foi fillo do elector de Saxonia Cristián I e de Sofía de Brandeburgo,[1] sucesor do seu irmán Cristián II.

Remove ads

Matrimonios e fillos

Contraeu matrimonio en Dresde, en 1604, con Sibila Sabela de Wurtemberg (1584-1606), filla do duque Federico; matrimonio do cal non houbo descendencia.

Logo de enviuvar, casou o 19 de xullo de 1607 coa princesa Madalena Sibila de Prusia (Königsberg, 1587-1659), filla do duque Alberte de Prusia. Tiveron 9 fillos:

  • Sofía Leonor (Dresde, 1609-1671). Casada con Xurxo II de Hesse-Darmstadt.
  • María Sabela (Dresde, 1610-Husum, 1684). Casada co duque Federico III de Oldemburgo, duque de Schleswig-Holstein-Gottorp.
  • Cristián (nado e morto en 1612).
  • Xoán Xurxo II (1613-1680), elector de Saxonia.
  • Augusto (Dresde, 1614-1680), Duque de Saxonia-Weissenfels, fundador da Casa de Saxonia-Weissenfels, extinta en 1746.
  • Cristián I (Dresde, 1615- Merseburgo, 1691). Duque de Saxonia-Merseburgo en 1657, fundador da Casa de Saxonia-Merseburgo, extinta en 1738.
  • Madalena Sibila (Dresde, 1617- Altenburgo, 1668).
  • Mauricio (Dresde, 28 de marzo de 1619- 4 de decembro de 1681, Moritzburg an der Elster).[1] Duque de Saxonia-Zeitz en 1657 e fundador da Casa de Saxonia-Zeitz. Casou coa princesa Sofía Eduviges de Holstein-Glucksburg (1630-1652), filla de Filipe, duque de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, tendo dous descendentes, e despois coa princesa Dorotea María de Saxonia-Weimar, filla do duque Guillerme. Tivo 10 descendentes. Casou por terceira vez coa princesa Sofía Sabela de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Wiesenburg (1653-1684), filla do duque Filipe. Tiveron 12 fillos.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads