Xosé Cid Menor
escultor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Cid Menor, nado en Santa Cruz da Rabeda (San Cibrao das Viñas) o 4 de agosto de 1946, é un escultor galego.
Remove ads
Traxectoria
Autodidacta, reside en Taboadela[1] e é pai do tamén artista Rosendo Cid Menor.
Relaciónase a súa obra coa dos membros do grupo O Volter e coa do escultor Manuel García de Buciños.
En 2020 recibiu o premio Celanova Casa dos Poetas, da Fundación Curros Enríquez.[2]
Obra pública
- Monumento ó Afiador en Santiago de Compostela, 1974.[Cómpre referencia]
- Escultura en pedra na Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC, 1980.
- Monumento a San Rosendo en Entrimo, 1981.
- Santa Eufemia da fachada da igrexa homónima de Ourense, 1985.
- Monumento a San Rosendo, Ourense, 1985
- Escultura na praza Paz Nóvoa, Ourense, 1986.
- Monumento a Concepción Arenal en Ferrol, 1987.
- Monumento á Xuventude no colexio Casas do Vento da Coruña, 1987.
- Grupo escultórico no colexio de Melón, 1988.
- Monumento a San Mamede en Montederramo, Ourense, 1989.
- Grupo escultórico no Polígono das Lagoas, Ourense, 1990.
- Monumenta ao cura poeta Ramón María en Soutopenedo, 1991.
- Tres esculturas en pedra no Instituto Nacional de Educación Física de Oleiros, 1992.
- Monumento á familia en Taboadela, 1994.
- Monumento a Breogán preto da Torre de Hércules da Coruña, 1995.
- “Sicut Inquirentes in Carbonem” no Instituto de Carboquímica do CSIC, Zaragoza, 1995.
- Home da Rabeda no Parque Miño, Ourense, 1996.
- Camiñantes na avda. de Santiago, Ourense, 1997.
- Monumento ao emigrante en Beariz, 1997.
- Monumento ao afiador, Ourense, 1998.
- Monumento á castañeira, Ourense, 2001.
- Guerreiro Gardián no Pazo de Vilamarín, Ourense, 2002.
- Monumento ó Cabalo, Centro Ecuestre de Antela, Ourense, 2005.
- Monumento a Eduardo Blanco Amor en Ourense, 2007.
- Nimbos de Luz, homenaxe a Xosé María Díaz Castro na Ínsua dos Poetas en Madarnás, O Carballiño
Remove ads
Galería de imaxes
- A Concepción Arenal en Ferrol, 1987.
- Breogán, preto da Torre de Hércules, 1995.
- A Castiñeira, Ourense, 2001.
- Guerreiro Gardián, no Pazo de Vilamarín, 2002.
- Eduardo Blanco Amor en Ourense, 2007.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads