Xosé Manuel Piñeiro
presentador de televisión galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Manuel Piñeiro Borrajo,[1] máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Vilaboa[2] (Allariz) o 1 de decembro de 1957[3] e falecido en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2025,[4][5] foi un presentador de televisión e cantante galego.
Remove ads
Traxectoria
Fillo de Manolo da Rosa, o ferreiro de Vilaboa, licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación,[6] foi educador, profesor de filosofía e ética na Universidade Laboral de Ourense e orientador educativo nos institutos da Finca Sevilla (actual IES Xesús Ferro Couselo) e As Lagoas.
Foi un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia. O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Tamén estivo á fronte de espazos coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presenta o programa Bamboleo na canle autonómica. Tamén colaborou na Radio Galega: Sesión Vermú etc.[7]
En novembro de 2018 anunciou a súa retirada temporal da televisión por padecer un cancro (mieloma múltiple).[8] En 2019 volveu á TVG,[9] participando en varios programas, como o de xurado no concurso dos recanteiros do Luar.
Foi columnista de La Región e Atlántico Diario.[10]
Remove ads
Aparicións en series galegas
Xosé Manuel Piñeiro apareceu nas seguintes series galegas:
- Pratos combinados como Policía Local nas primeiras tempadas (capítulos 4 e 15) e como presentador dun concurso (capítulo 44).
- Mareas vivas, nun capítulo como el mesmo.
- Pequeno Hotel, nun capítulo como el mesmo.
Distincións
- Medalla Castelao (2020).[12]
Obra
- De Piñeiro a Superpiñeiro (2014). A Coruña: Hércules Ed. 200 páxs. ISBN 9788492715923.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads