2025
ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
2025 (MMXXV) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en mércores. É o vixésimo quinto ano do século XXI e do terceiro milenio.
Remove ads
Acontecementos
- 19 de xaneiro: entrada en vigor do acordo de alto o fogo entre Hamas e Israel.[1][2]
- 20 de xaneiro: segunda investidura e toma de posesión de Donald Trump, 47º presidente dos Estados Unidos.[3][4]
- 28 de marzo: Un sismo en Myanmar causa máis de 5 000 vítimas mortais. Véxase: "Terremoto de Myanmar de 2025".
- 2 de abril: Unha crise financeira afecta ao mercado de valores dos EEUU. A causa principal foi a imposición de taxas promovida polo presidente Trump. Véxase: "colapso bolsista de 2025".
- 3 de abril: Hungría retírase da Corte Penal Internacional.
- 8 de abril: En República Dominicana, o teito da discoteca Jet Set derrúbase durante un concerto, deixando máis de 200 mortos.
- 28 de abril: Un gran apagamento eléctrico afecta durante horas á Península Ibérica.[5]
- 8 de maio: O cardeal norteamericano Robert Francis Prevost Martínez é elixido papa da Igrexa católica co nome de León XIV.
Remove ads
Mortes
Artigo principal: Finados en 2025.
Xaneiro
- 1 de xaneiro, David Lodge, 89 anos, escritor británico.
- 7 de xaneiro, Jean-Marie Le Pen, 96 anos, político francés.[6]
- 8 de xaneiro, Eladio Osorio, 82 anos, político, ex alcalde de Castro Caldelas.[7]
- 9 de xaneiro, Manuel Elkin Patarroyo, 78 anos, patólogo colombiano.
- 13 de xaneiro, Álvaro Rodríguez Eiras, 92 anos, político e empresario.
- 16 de xaneiro, David Lynch, 78 anos, director de cine estadounidense.
- 16 de xaneiro, Xesús Pérez Varela, 75 anos, político e xornalista.
- 17 de xaneiro, Denis Law, 84 anos, futbolista escocés.[8]
- 18 de xaneiro, Bernardino Graña, 92 anos, escritor.[9]
- 22 de xaneiro, Xosé Manuel Piñeiro, 68 anos, presentador de televisión.
- 26 de xaneiro, César Lombera, 71 anos, actor, director de escena e escultor.[10]
- 30 de xaneiro, Marianne Faithfull, 78 anos, cantante, compositora e actriz inglesa.[11]
Febreiro
- 1 de febreiro, Horst Köhler, 81 anos, economista e político alemán, presidente de Alemaña (2004-2010).[12]
- 3 de febreiro: Helga de Alvear, galerista e coleccionista de arte (n. 1936).
- 18 de febreiro, Gene Hackman, actor e escritor estadounidense (n. 1930).
- 24 de febreiro, Roberta Flack, cantante de soul e quiet storm estadounidense (n. 1937).

Marzo
- 29 de marzo: Richard Chamberlain, actor estadounidense (n. 1934).
Abril
- 1 de abril: Val Kilmer, actor estadounidense[13][14] (n. 1959).
- 10 de abril: Leo Beenhakker, adestrador de fútbol neerlandés (n. 1942).
- 13 de abril: Mario Vargas Llosa, escritor e político peruano, premio Nobel de Literatura en 2010 (n. 1936).
Maio
- 13 de maio: Pepe Mujica, político uruguaio. Presidente do Uruguai de 2010 a 2015 (n. 1935).
- 19 de maio: Manuel Torreiglesias, xornalista e escritor galego (n. 1941).
Xuño
- 4 de xuño: Marc Garneau, astronauta e ministro canadense (n. 1949).
Xullo
- 3 de xullo: Michael Madsen, actor estadounidense (n. 1957).[15]
- 8 de xullo: Suso Díaz Díaz, sindicalista galego (n. 1944).[16]
Remove ads
Día das letras galegas dedicado a:
Ás cantareiras e á poesía popular, nomeando a Adolfina e Rosa Casás Rama de xullo (de Cerceda), Eva Castiñeira (de Muxía), e as Pandeireteiras de Mens: Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar (de Malpica de Bergantiños).[17]
Festas e celebracións
- Ano Castelao [18]
- A Seo-BirdLife nomeou o gabeador vermello (Tichodroma muraria) como a Ave do Ano 2025.[19]
- A Organización das Nacións Unidas acordou dedicar o ano 2025 como o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares.[20]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads