Xosé Monteagudo
funcionario e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Monteagudo Folgar, nado en Santa Xusta (Moraña)[1] o 1 de xaneiro de 1965, é un funcionario e escritor galego[2].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Monteagudo.
Remove ads
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como técnico de Facenda na Axencia Tributaria de Pontevedra. Alén da súa faceta como narrador, imparte obradoiros literarios sobre narrativa e exerce a crítica literaria na revista Grial. Forma parte, como secretario, do Padroado da Fundación Euseino?
Obra
Narrativa
- As voces da noticia (2002). Galaxia. ISBN 978-84-8288-589-6. Segundo a editora: "autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos".[3]
- Esta historia (2006). Galaxia. ISBN 978-84-8288-910-8. É unha biografía xuvenil baseada nas lembranzas da universidade.
- Un tipo listo (2009). Galaxia. ISBN 978-84-9865-222-2.
- O curioso mundo das persoas normais (2012). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-459-2. Conta a historia dun home que pasa toda a vida pechado no cuarto dun hospital.[4] Foi traducida ao castelán.[5]
- Todo canto fomos (2016) Galaxia.[6] 534 páxs. ISBN 978-84-9865-695-4.[7] Empezou a escribir partindo da imaxe dun fillo que está en Londres e perde a súa nai. Chega a Galicia e atopa uns papeis antigos que contan historias.[8]
- Eternity (2021). Galaxia. 198 páxs. ISBN 978-84-9151-769-6.[9]
- Vémonos mañá (2023). Vigo: Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-1110-238-4. ePub: ISBN 978-84-1110-250-6. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall.[10][11][12]
Ensaio
- "A ficción narrativa na literatura actual: da escritura á lectura", in Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 14, novembro de 2016, Vigo: Euseino? Editores.
Obras colectivas
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
Remove ads
Premios
- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 2001, por O engado do triángulo.[13]
- Premio Blanco Amor no 2002, por As voces da noticia.
- Premio García Barros no 2009, por Un tipo listo.
- Premio á mellor obra narrativa da II Gala do Libro Galego no 2017, por Todo canto fomos.
- Premio San Clemente Rosalía-Abanca en 2017, por Todo canto fomos.
- XV Premio Narrativa Breve Repsol en 2021, por Eternity.[14]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
