Xubi
mascota From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xubi é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.[1]
Características
Foi deseñada por Alberte Permuy para a Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, vinculada á igrexa polo arcebispado de Santiago de Compostela,[2][3] a cal recibiu 800 000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver o proxecto.[4]
A súa simboloxía representa a unión de dous dos símbolos do camiño, como son o bastón e a cabaza, combinadas para facer unha personaxe de cor azul e verde, e calzada cunhas zapatillas azuis e vermellas. O nome de Xubi deriva do vocábulo xúbilo, facendo un xogo de palabras co xubileu.[5]
No seguinte Ano Xacobeo (2021) foi substituído por Cunchiña.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads