Yapen

From Wikipedia, the free encyclopedia

Yapenmap
Remove ads

Yapen (tamén Japen, Jobi)[1] é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papua, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Thumb
Arquipélago Schouten, en Indonesia
Remove ads

Historia

A primeira observación rexistrada polos europeos foi por Álvaro de Saavedra, que desembarcou o 24 de xuño de 1528 ao intentar volver de Tidore a Nova España. Foi cartografiada entón como "Paine" dentro das "Islas de Oro" (Illas de Ouro) como chamaron as Schouten. En 1545 visitouna Íñigo Ortiz de Retes a bordo do Galeón San Juan.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads