Zhoukoudian

From Wikipedia, the free encyclopedia

Zhoukoudianmap
Remove ads

Zhoukoudian ou Choukoutien (周口店) é un sistema de covas no distrito suburbano de Fangshan, Beijing, China. Nelas fixéronse moitos descubrimentos arqueolóxicos, entre os que destaca unha das primeiras especies de homo erectus, o Home de Pequín, e os restos de ósos da hiena xigante "Pachycrocuta brevirostris".

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Thumb
Covas de Zhoukoudian

As datas de cando o home de Pequín habitou este sitio varían moito: desde hace 700.000 a 200.000 anos atrás,[1] de 670.000 a 470,000 anos atrás[2] e de non hai máis de 530.000 anos.[3]

O sitio do home de Pequín descubriuno Johan Gunnar Andersson en 1921[4] escavouno por primeira vez Otto Zdansky en 1921 e 1923 desenterrando dous dentes humanos.[5] Estas foron máis tarde identificados por Davidson Black como pertencente a unha especie previamente descoñecida e seguiron extensas escavacións. Descubríronse restos parciais de 45 individuos e máis de 100.000 obxectos.

Os restos de animais máis antigos datan de fai 690.000 anos e ferramentas desde hai 670.000 anos.[6] mentres que outra autoridade data as ferramentas atopadas a partir de hai máis de 530.000 anos.[3] Durante o Paleolítico Superior, o sitio reocupouse e restos de Homo sapiens e as súas ferramentas de pedra e óso tamén foron recuperadas da cova superior.

As covas están localizadas no distrito de Fangshan, ao suroeste do centro de Pequín.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads