Zostera

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Zostera
Remove ads

Zostera, as zosteras[1] é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebas[2]. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar"[3])) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.

Máis información Cebas (xénero Zostera), Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

As cebas atópanse nos substratos areentos ou nos esteiros, mergulladas ou a boiar parcialmente. A maioría das especies de zosteras son perennes e teñen longas e brillantes follas coma fitas de cor verde de 1 cm de largo e moitos de longo. Os seus curtos caules agroman dun rizoma abrancazado. As flores atópanse enclaustradas nas vaíñas das follas da base. Os froitos poden flotar. Non son en verdade algas: pertencen ao reino das plantas, son espermatofitas e anxiospermas.

Zostera son importantes para a deposición de sedimentos, estabilización de substratos e coma substrato de algas epífitas e de micro invertebrados, e coma abeiro de moitas especies de peixes de importancia económica.

Remove ads

Especies

Zostera angustifolia
Zostera asiatica
Zostera caespitosa
Zostera capensis
Zostera capricorni
Zostera caulescens
Zostera chilensis
Zostera japonica
Zostera marina - ceba común, zostera, golfe, xebra, lavanqueiro, paniño
Zostera mucronata
Zostera muelleri
Zostera nigricaulis
Zostera noltii
Zostera novazelandica
Zostera polychlamys
Zostera tasmanica

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads