Zsolt Baumgartner

From Wikipedia, the free encyclopedia

Zsolt Baumgartner
Remove ads

Zsolt Baumgartner, nado en Debrecen o 1 de xaneiro de 1981, é un expiloto de automobilismo húngaro. Correu cos equipos Jordan e Minardi en Fórmula 1. É o único piloto húngaro en competir en dita categoría.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Baumgartner fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2003 e substituíu o accidentado Ralph Firman no equipo de Jordan. Tamén participou no Gran Premio de Italia de 2003 ese ano.

Fixéronse plans para que Baumgartner volvese a pilotar un Jordan en 2004 co patrocinio da compañía petroleira MOL Rt.. Non obstante, non conseguiu acordar termos con Jordan e asinou con Minardi no seu lugar. Isto causou que MOL Rt. diminuíse o importe de patrocinio, o que levou a Baumgartner e o seu representante a crear o Zsolt Baumgartner Supporter's Club, un plan similar ao empregado por Justin Wilson no 2003.[1]

Baumgartner competiu durante toda a tempada 2004 de Fórmula Un e logo de case puntuar dúas veces (noveno en Mónaco e 10º en Canadá, logrou acadar o primeiro punto de Minardi en máis de dous anos rematando oitavo (aínda que penúltimo) no Gran Premio dos Estados Unidos.

Champ Car World Series

En marzo de 2007 foi confirmado como piloto de probas e reserva no Minardi Team USA. Baumgartner só participou nun puñado de probas para o equipo e non disputou ningunha carreira. Antes da tempada de 2008, a Champ Car unificouse coa rival IndyCar Series e Stoddart e Minardi deixaron o deporte.

Remove ads

Fórmula Superleague

En 2008 Baumgartner converteuse no piloto de probas do equipo Tottenham Hotspur F.C. na Fórmula Superleague.

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula 3000 Internacional

(clave)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads