Estudo
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Modelo:Véxase tamén
| Esta páxina procede da Galipedia. A páxina xunto co seu historial completo procede da Galipedia e polo de agora está pendente de formatar de acordo coas regras do Galizionario. |
O estudo é o esforzo intelectual que se aplica para coñecer e comprender algunha cousa, así como o conxunto de técnicas e estratexias necesarias para adquirir os coñecementos dunha disciplina ou materia determinada, e as relacións entre este e outros coñecementos.
Tamén se denomina así á obra na que un autor trata e investiga un asunto concreto.[1] Así mesmo recibe este nome a obra (bosquexo, debuxo ou pintura) que un artista realiza como un exercicio ou ensaio da obra definitiva.[1]
En plural, os estudos refírense ao conxunto das materias que se aprenden e as actividades que se realizan durante a formación nun centro de ensino.[1]
Por outra parte, en música denomínase estudo unha composición musical para exercitar unha habilidade técnica específica na execución dun instrumento solista.
Remove ads
Notas
Modelo:listaref
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads