aberto

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Adxectivo

aberto (ms: aberto; mpl: abertos; fs: aberta; fpl: abertas)

  1. Separado ou fóra da abertura a través da cal impedía o paso.


    • Antónimos: pechado.
  1. Que non está rodeado ou cercado de valados, muros, etc.


  1. De gran extensión e sen obstáculos.


    • Sinónimos: amplo, extenso.
  1. Sen edificios ou árbores que dificulten a visión.


  1. [Edificio] con xente vivindo nel.


    • Sinónimos: habitado.
  1. (Figurado) Con facilidade para relacionarse cos demais.
    • Exemplo: É un home moi aberto.


  1. (Figurado) Que acepta con facilidade as ideas novas, os costumes, etc.
    • Exemplo: É unha rapaza con sorte, ten uns pais moi abertos.


  1. (Fonética) [Vogal] que se pronuncia separando a lingua do padal, de maneira que queda máis abertura para a saída do aire.


  1. (Medicina) Exposto ao aire, sen cubrir pola pel.
    • Exemplo: Fractura aberta.


  1. (Veterinaria) [Cabalo] que marcha defectuosamente, a consecuencia de lesións do aparello locomotor.


Termos relacionados

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads