abortar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo intransitivo

abortar

  1. (Obstetricia) Parir un embrión ou un feto antes do tempo de xestación normal que o faga apto para vivir.
    • Exemplo: Como consecuencia da caída, abortou.


  1. (Obstetricia) Practicar ou sufrir un aborto.
    • Exemplo: Ante o perigo que supoñía seguir co embarazo, foi á clínica a abortar.


  1. (Botánica) Desenvolverse parcial ou defectuosamente un órgano sen que chegue a ser funcional.
    • Exemplo: Debido ás inclemencias do tempo, abortaron todos os froitos.


  1. (Medicina) Por extensión, desaparecer unha enfermidade ao seu comezo, ou antes do seu termo natural.
    • Exemplo: O médico déralle unha baixa por tres meses, pero aos quince días xa estaba traballando porque, sorprendentemente, a enfermidade abortou.


  1. (Figurado) Non chegar algo ao seu pleno desenvolvemento.
    • Exemplo: Finalmente, o golpe de estado abortou.


  1. (Figurado) Non acadar o éxito.
    • Exemplo: A súa inconstancia fixo que abortasen todos os seus proxectos.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads