a

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads
Grafías semellantes:     A ,    Å ,    á ,    à ,    a. ,    a- ,    -a ,    æ ,    А ,    а

Grafía

a

  1. Definición impropia: Letra do alfabeto latino, primeira do galego. O seu nome é a e en galego grafa o fonema vocálico aberto /a/.

a1

  • Pronuncia: [ɐ] (AFI)

Preposición

a

  1. Definición impropia: Introduce o complemento indirecto e, ás veces, o directo cando este se refire a persoas.
    • Exemplo: Deulle unha patada a unha pedra.


    • Exemplo: Dilles aos rapaces que marchen.


    • Exemplo: Vin a túa nai.


  1. Definición impropia: Pode indicar dirección, fin, ou o termo dunha acción ou dun movemento.
    • Exemplo: Vai á vila.


    • Exemplo: Levárono ao médico.


    • Exemplo: Marcharon a dumir nun hotel.


  1. Definición impropia: Emprégase para expresar localización espacial ou temporal.
    • Exemplo: Está á man dereita.


    • Exemplo: Petou á porta.


    • Exemplo: Chegou á noitiña.


  1. Definición impropia: Úsase para indicar exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos.
    • Exemplo: Estar ao frío.


    • Exemplo: Estar ao resío.


    • Exemplo: Estar á xeada.


  1. Definición impropia: Marca intervalos espaciais e temporais.
    • Exemplo: Abre de catro a oito da tarde.


    • Exemplo: De aquí á casa hai cen metros.


  1. Definición impropia: Utilízase para indicar prezo, cantidade ou distribución proporcional.
    • Exemplo: Vende todo a vinte pesos.


    • Exemplo: Saímos a dúas mil por cabeza.


    • Exemplo: As cereixas van a dous euros.


  1. Definición impropia: Emprégase para expresar modo, procedemento, método, medio ou instrumento.
    • Exemplo: Cóseo á man.


    • Exemplo: Foi a pé.


    • Exemplo: Están xogando á pelota.


    • Exemplo: Levouno ao lombo.


  1. Definición impropia: Pode significar 'en relación con', 'en canto a'.
    • Exemplo: Non sei qué dicir a isto.


  1. Definición impropia: Úsase a miúdo ante infinitivo formando parte ou non dunha perífrase verbal.
    • Exemplo: Botou a correr.


    • Exemplo: Está empezando a chover.


    • Exemplo: Estaba a falar con ela.


    • Exemplo: Estábanos a dicir que si e eles que non.


Observacións

  • Esta preposición contrae co artigo determinado dando as formas ao / ó, aos / ós, á, ás.
  • Debe evitarse o uso en galego da preposición a ante infinitivo con valor de finalidade, pois é un galicismo innecesario. Substitúese polas por ou para: prêt-à-porter, "listo para levar".
Remove ads

Substantivo feminino

a (sg: a; pl: aes)

  1. A.


Preposición

a

  1. En.



a1

  • Pronuncia: /eɪ/(tónico), /ə/ (non tónico) (AFI)

Artigo

a

  1. Un, unha.

Observacións

  • Cando o artigo precede a unha palabra que comeza por vogal ou, ás veces, por «h», emprégase a forma an.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads