bico

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

bico (sg: bico; pl: bicos)

  1. (Ornitoloxía) Parte da cabeza das aves que comprende ambas as mandíbulas (o bico óseo) revestidas dun estoxo córneo e duro (o bico córneo ou ranfoteca).
    • Exemplo: O tamaño e a forma dos bico son trazos característicos usados para a clasificación das aves.


  1. Por extensión, boca ou fociño doutros animais, ou do home.
    • Exemplo: A maragota ten o bico aguzado.


  1. (Figurado e coloquial) Boca.
    • Exemplo: Partiulle o bico dunha puñalada.


  1. (Zooloxía) Fociño longo, plano e largo dos mamíferos monotremas da familia dos ornitorrínquidos.
    • Exemplo: O ornitorrinco ten un bico que recorda ao do pato.


  1. (Zooloxía) Boca das tartarugas.
    • Exemplo: As tartarugas non posúen dentes, senón que teñen a boca formando un bico córneo.


  1. (Zooloxía) Órgano bucal dos insectos coleópteros da familia dos cucurliónidos e dalgúns hemípteros.
    • Exemplo: Os gorgullos teñen a cabeza prolongada nun bico ou rostro que leva as mandíbulas no seu extremo final.


  1. Parte máis ou menos acabada en punta que sobresae da superficie o do bordo dalgunha cousa.
    • Exemplo: Non demos chegado ao bico do monte.


  1. Peza posta no extremo dunha manga pasteleira, para obter diferentes resultados.
  2. Punta acanalada que teñen no bordo algunhas vasillas ou outros recipientes para facilitar o vertido do líquido que conteñen
  3. Acción de tocar algo cos beizos con agarimo.
    • Exemplo: Deulle un bico á rapaza.


Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads