cana

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

cana1

  • Pronuncia: /ˈkana̝/ (AFI)

Substantivo feminino

cana (sg: cana; pl: canas)

  1. (Botánica) Talo oco e nodoso característico dalgunhas gramíneas e outras plantas morfoloxicamente similares.
    • Sinónimos: canaveira, canavela, canivela.
  2. (Botánica) Arundo donax, planta gramínea, de gran altura e grandes flores terminais.
    • Exemplo: A parte sur do istmo da Lanzada está inzada de canas.


    • Sinónimos: canaveira, canavela, canivela.
  1. Dispositivo que asemella a cana das gramíneas.
    • Exemplo: Para beber o refresco comprou unha cana de aluminio.


  1. Parte dunha bota alta que cobre parte da perna.
    • Exemplo: Mercouna unhas botas de media cana.


  1. (Música) Lingüeta fina de madeira que vibra producindo un son nun instrumento musical. As canas de instrumentos de vento-madeira son feitas de Arundo donax ou de materiais sintéticos; as canas tépedas (como en harmónicas e acordeóns) fanse do metal.
    • Exemplo: Teño que conseguir unha cana nova para a frauta.


  1. (Alimentación) Medula ósea dos ósos longos dalgúns animais de cortadoría. Por extensión, o propio óso, cortado ó través e contendo a medula.
    • Exemplo: Pídelle ó carniceiro un par de ósos de cana para o caldo.


  1. Pau dos foguetes.
    • Exemplo: Na festa de onte botaron foguetes, e feriulle unha cana que lle caeu nas costas.


    • Sinónimos: canaveira, canavela, canivela.
  1. (Alimentación) Doce cilíndrico, que semella unha cana dunha planta.
    • Exemplo: Ponme un café con leite grande e dúas canas.


  1. (Arquitectura) Parte principal da columna, que se atopa entre o capitel e a base.
    • Exemplo: Fíxate que na cana daquela columna está labrada un cranio de boi. Chámase bucranio.


Termos relacionados

Véxase tamén

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads