danza

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

danza
(sg: danza; pl: danzas)

  1. (Arte) Acción e arte de danzar.
    • Exemplo: Naquela zaruela o corpo de baile interpretou varias danzas.


  1. Espectáculo de persoas que persoas que danzan
    • Exemplo: As danzas do Lago dos Cisnes.


  1. Serie de movementos que constitúen unha peza de baile.
    • Exemplo: As nenas do colexio movéronse con gracia na danza que fixeron.


  1. (Zooloxía) Execución codificada de movementos que fan algúns animais para transmitir informacións.
    • Exemplo: O cisne executou unha danza nupcial diante das femias.


  1. (Figurado) Movemento, disposición, actividade.
    • Exemplo: A miña filla anda en danzas sen parar.


  1. (Figurado) Asunto, negocio, teima.
    • Exemplo: Esta muller non para, sempre está en danza.


Termos relacionados

boa vai a danza!, deixarse de danzas, danza alta, danza baixa, danza da morte, danza da roda, danza das cintas, danza das penlas, danza de arcos, danza de espadas, danza de mouros e cristiáns, danza do entrenzado, danza dos sete veos, danza nupcial, danza prima, vaiche boa a danza!

Véxase tamén

baile

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads