intelixencia

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

intelixencia (sg: intelixencia; pl: intelixencias)

  1. Facultade humana que permite pensar, coñecer, comprender e formar ideas.
    • Exemplo: Moitos consideran a intelixencia como unha facultade exclusiva do ser humano.


  1. (Psicoloxía) Capacidade dunha persoa para aprender e utilizar o que se aprende para adaptarse a novas situacións e resolver novos problemas .
    • Exemplo: Este rapaz ten moita intelixencia.


  1. Por extensión, calidade da persoa que sabe como actuar segundo as diferentes circunstancias.
    • Exemplo: Todos confiaban na intelixencia dese dirixente.


  1. Por extensión, calidade ou característica dun animal que semella posuír esta facultade polo seu comportamento.
    • Exemplo: A intelixencia dos golfiños.


Termos relacionados

intelixencia artificial, intelixencia de datos, intelixencia emocional, servizo de intelixencia.

Remove ads

Substantivo feminino

intelixencia (sg: intelixencia; pl: intelixencias)

  1. Conxunto dos intelectuais dun país.
    • Exemplo: A intelixencia española.


  1. Conxunto das ideas e os valores dunha comunidade, dun país, etc.
    • {{exemplo|As universidades preservan a intelixencia dun país.

Observacións


Traducións

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads