capacidade
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Substantivo feminino
capacidade (sg: capacidade; pl: capacidades)
- Espazo interior que ten un recipiente, un local, etc. considerado en función do que pode conter.
- Sinónimos: cabemento, cabida.
- Exemplo: Un vaso de pouca capacidade. O auditorio ten capacidade para mil persoas.
- Conxunto de condicións propias dunha persona ou un animal, en particular os seus dotes intelectuais, que determinan a súa posibilidade de realizar con éxito determinadas tarefas.
- Sinónimos: aptitude, competencia, disposición, talento.
- Antónimos: impericia, incapacidade, ineptitude.
- Termos relacionados: competencia, facultade, habilidade, intelixencia, suficiencia.
- Exemplo: O rapaz amosa gran capacidade para as matemáticas.
- (Pedagoxía) Conxunto de aptitudes, innatas ou adquiridas, que un individuo pon e funcionamento para alcanzar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da educación ou da cultura.
- Exemplo: Pablo Picasso comezou a demostrar as súas capacidades para a pintura durante os anos que botou na Coruña.
- Exemplo: Pablo Picasso comezou a demostrar as súas capacidades para a pintura durante os anos que botou na Coruña.
- Conxunto de condicións propias dunha cousa que determinan a súa posibilidade de realizar ou recibir determinada acción.
- Antónimos: incapacidade.
- Exemplo: A capacidade de absorción dunha esponxa.
- Maior ou menor posibilidade de actuar, de producir, de xestionar, etc., en función dos medios e recursos de que se dispón.
- Sinónimos: poder.
- Exemplo: A capacidade de produción de leite de Galicia.
- (Física) Espazo ocupado por un corpo.
- Sinónimos: volume.
- (Física) Cantidade máxima de carga eléctrica ou electricidade que se pode almacenar nun acumulador ou nun condensador.
- Exemplo: O condensador deste circuíto ten unha capacidade de 10 picofarads.
- Exemplo: O condensador deste circuíto ten unha capacidade de 10 picofarads.
- (Dereito) Facultade ou aptitude que autoriza a unha persoa a exercer funcións e dereitos legalmente.
- Sinónimos: competencia.
- Exemplo: Segundo o secretario, o alcalde non tiña capacidade para tomar aquela decisión.
- (Informática) Cantidade máxima de datos, expresada en bits ou nos seus múltiplos, que pode almacenar determinado compoñente, como, por exemplo, unha memoria.
- Exemplo: O ordenador ten unha memoria RAM cunha capacidade de 2000 xigabites.
- Exemplo: O ordenador ten unha memoria RAM cunha capacidade de 2000 xigabites.
- (Tecnoloxía) Cantidade máxima de traballo, enerxía ou carga que pode realizar, conter ou absorber unha máquina ou aparato.
- (Arquitectura) Dimensión ou espazo de algún lugar.
Termos relacionados
- capacidade cardíaca
- capacidade cranial
- capacidade de carga
- capacidade de obrar
- capacidade pulmonar
- capacidade pulmonar total
- capacidade pulmonar vital
- capacidade respiratoria
- capacidade térmica
- capacidade testamentaria
- capacidade xurídica
Traducións
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads