negativo
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
negativo
Etimoloxía: do latín negatīvus.
Pronuncia: /ne.ɣaˈti.βo̝/ (AFI)
Adxectivo
negativo (ms: negativo; mpl: negativos; fs: negativa; fpl: negativas)
- Que expresa ou contén unha negación.
- Exemplo: A miña resposta é totalmente negativa, vaia iso por diante.

[CORGA]
- Antónimos: afirmativo, positivo.
- Que non leva a bo fin ou non dá resultados satisfactorios.
- Exemplo: Eu non sei se iso da actitude negativa non consiste en dicir a verdade.

- Exemplo: Por un lado, outórganselle propiedades saudables e, por outro, adxudícanselle efectos negativos, como provocar acne, sobrepeso, xaqueca ou carie.

- Sinónimos: destrutivo.
- Antónimos: positivo.
- (Matemáticas) Menor ca cero.
- Exemplo: Realizamos operacións con cantidades positivas negativas.

[RAG]
Traducións
Substantivo masculino
negativo (sg: negativo; pl: negativos)
- Película fotográfica coas cores claras e escuras invertidas.
- Exemplo: Tiña os negativos das fotos ben ocultos.
- Exemplo: Tiña os negativos das fotos ben ocultos.
[CORGA]
- Exemplo: Un fotógrafo afeccionado que sempre o tiña a rente cando revelaba negativos ou retrataba nas rúas.

- Sinónimos: clixé.
Traducións
Substantivo feminino
negativa (sg: negativa; pl: negativas)
- Resposta en que se nega ou rexeita algo.
- Exemplo: Ouvida a negativa da nena, comprendín que tiña que intervir.

- Exemplo: Ignoraba os motivos da tan rotunda negativa, pero respectei os seus desexos.
- Exemplo: Ignoraba os motivos da tan rotunda negativa, pero respectei os seus desexos.
[CORGA]
Traducións
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads