nervio

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

nervio


singularplural
nervionervios
  1. (Anatomía) Estrutura en forma de cordón, formada por unha ou máis fibras nerviosas, que transmiten os impulsos entre o sistema nervioso central e os órganos e tecidos periféricos.
    • Exemplo: O corte afectoulle case tódolos nervios e deixoulle a man inútil.


  1. (Anatomía) Por extensión, fascias, aponeuroses e outras fibras de tecido conxuntivo que por veces aparecen na carne entre as fibras musculares.
    • Exemplo: Esa carne ten moito nervio, así que mellor a preparamos guisada.


  1. (Figurado) Forza, enerxía dunha persoa ou animal.
    • Exemplo: Este cabalo é un monllo de nervios e non hai quen o domee.


  1. (Botánica) Vaso que sobresae na folla dunha planta, que conduce o zume.
  2. (Arquitectura) Moldura que sobresae na superficie dunha bóveda.
    • Exemplo: Na intersección dos nervios pode verse un medallón coa figura dun anxo.


  1. Fío que suxeita as follas dun libro ó lombo.

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads