tallo

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads
Grafías semellantes:     Tallo

Substantivo masculino

tallo (sg: tallo; pl: tallos)

  1. (Tecnoloxía) Banco pequeno, sen respaldo, para sentarse.
    • Exemplo: Os rapaces, sentados en cadanseu tallo, escoitaban os contos que lles contaba a avoa.


  1. (Tecnoloxía) Toro de árbore sobre o que se talla a carne ou se pica a leña.
    • Exemplo: O carniceiro tivo que repasar a superficie do tallo por orde do inspector.


    • Sinónimos: cepo, picadeiro, talleiro
  1. (Gandaría) Mesa baixa e inclinada sobre a que se sacrifica o porco na mata domiciliaria.
    • Exemplo: En maio, o porco vai ó tallo.


  1. (Medicina) Ferida que se fai cun coitelo, navalla ou calquera outro instrumento cortante.
    • Exemplo: Estaba facendo unha buxaina dun cacho de madeira e fíxose un tallo que case se leva o dedo.


    • Sinónimos: corte, tallada

Traducións


Remove ads

Substantivo masculino

tallo (sg: tallo; pl: tallos)

  1. (Botánica) Talo.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads