banco

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

banco (sg: banco; pl: bancos)

  1. Asento, normalmente de uso público, para varias persoas.
    • Exemplo: Os bancos do parque están medio podres.


  1. (Economía) Establecemento de carácter financeiro dedicado a garda-los cartos dos seus clientes, conceder créditos, financiar investimentos, etc.
    • Exemplo: Traballaba de director do banco do lugar.


    • Termos relacionados: banco de datos , banco de sangue, bancos de ollos, banco de órganos, banco de seme, etc.
  1. Elevación do fondo mariño ou fluvial producida por depósito de areas ou outros sedimentos, polo que se reduce a profundidade nese punto.
    • Exemplo: O petroleiro encallou no banco porque non coñecía ben estas costas.


    • Sinónimos: baixío.
  1. (Colectivo) Conxunto de peixes dunha mesma especie -normalmente- que nadan xuntos, agrupados como en formación. Pode estar formado por milleiros de exemplares.
    • Exemplo: Este banco de atúns ben dá para enche-lo barco.


  1. En carpintería, mesa de traballo.
    • Exemplo: Traeme acá o cepillo, que está no banco.


  1. (Arte, Relixión) Franxa inferior dun retablo
  2. Moble a modo de mesa inclinada, de patas curtas, sobre o que se sangra o porco na matanza domiciliaria.
    • Exemplo: Costounos Dios e axuda subir o porco riba do banco.


Termos relacionados

  • banco de néboa: néboa mesta e localizada.
  • banco de alimentos

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads