vea

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

vea (sg: vea; pl: veas)

  1. (Anatomía) Vaso sanguíneo polo que circula o sangue desde os diferentes órganos e tecidos do organismo ó corazón.
    • Exemplo: A principal vea do corpo humano é a cava.


  1. Por extensión, calquera vaso sanguíneo, inclusive as arterias.
  2. (Botánica) Vaso polo que circula o zume, na folla dunha planta.
  3. Depósito de auga subterráneo.
  4. Depósito subterráneo dun mineral
    • Exemplo: A autopista obrigará a expropia-la vea máis rica de cuarzo.


  1. Liña de forma irregular e de cor diferente ó resto, que posúen algunhas pedras, coma o mármore.
  2. (Figurado) Inspiración.
    • Exemplo: Nunca destacara pola súa vea poética.


Termos relacionados

  • vea do leite, corda do leite
  • non ter sangue nas veas
  • venoso
  • arteria
  • circulación de retorno

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads