Éter
composto orgánico que contén un grupo funcional éter / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un éter é un tipo de composto orgánico que contén un grupo funcional éter formado por un átomo de osíxeno unido a dous grupos alquilo ou arilo, e que ten como fórmula xeral R–O–R'.[1] Un exemplo típico é o disolvente e anestésico dietil éter (ou éter dietílico), que moitas veces se denomina, simplemente, "éter" (CH3-CH2-O-CH2-CH3). Os éteres son compostos bastante comúns en química orgánica e bioquímica, xa que o enlace éter é común en certos carbohidratos e na lignina e certos lípidos especiais, como os das membranas celulares das arqueas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Éter (homónimos).
- Este artigo trata dos éteres como compostos químicos en xeral. O éter disolvente e anestésico é o dietil éter.
- Para o concepto de éter en física ver, por exemplo, Teoría do éter. Tamén se usou o termo en filosofía (arxé), e existe o deus Éter.