Ética demostrada segundo a orde xeométrica
obra de filosofía de Baruch Spinoza / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ética demostrada segundo a orde xeométrica (en latín Ethica ordine geometrico demonstrata ou Ethica more geometrico demonstrata) é considerada a principal obra do filósofo neerlandés Baruch Spinoza. Foi publicada postumamente en 1677, ano da morte do autor.[1]
Ética demostrada segundo a orde xeométrica | |
---|---|
Índice da edición antiga coa divisón en cinco partes. | |
Título orixinal | Ethica ordine geometrico demonstrata |
Autor/a | Baruch Spinoza |
Orixe | Países Baixos |
Lingua | Latín |
Tema(s) | Filosofía |
Xénero(s) | discourse |
Data de pub. | 1677 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Ética está organizada segundo un método axiomático-dedutivo inspirado na xeometría euclidiana co obxectivo de garantir a certeza dos resultados. O carácter pronunciadamente sistemático amosa o propósito de tratar todos os campos de investigación da filosofía dividíndose en cinco partes (sobre Deus, a mente, as paixóns, a escravización do ser humano en relación a estas e a posibilidade da súa liberación delas) que corresponden a un percorrido que, partindo das cuestións máis fundamentais da metafísica e pasando pola teoría do coñecemento, chega á ética coa fin de formular unha teoría da ledicia humana.
Dende a súa publicación inicial, a Ética de Spinoza influíu o pensamento e a obra de abondosos filósofos posteriores ata o presente. Inicialmente, porén, Spinoza sufriu acusacións de ser ateo e outros criticismos, principalmente polas súas indagacións sobre a natureza de Deus. No entanto, a Ética e as ideas de Spinoza en xeral tiveron un papel importante na filosofía subseguinte, inspirando Hegel, Johann Fichte, Friedrich Schelling, os empiristas John Locke e David Hume, e pensadores dos séculos XIX e XX como Ernst Mach, William James, Bertrand Russell, entre outros.[2]
Foi traducida ao galego por Luis Rodríguez Camarero, José Carracedo Fraga e Manuel Enrique Vázquez Buján e publicada pola Universidade de Santiago de Compostela en 2015.[3]