Ópera Garnier
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ópera Garnier, tamén coñecida como Pazo Garnier ou Ópera de París, é un dos edificios máis característicos do primeiro arrondissement de París e da paisaxe urbana da capital francesa. Napoleón III de Francia ordenou a súa construción ao arquitecto Charles Garnier, quen deseñouna en estilo Neobarroco.
Dende a súa inauguración en 1875, a ópera foi chamada oficialmente Academia Nacional de Música - Teatro da Ópera. Conservou o seu título ata 1978 cando foi renomeada Teatro Nacional da Ópera de París. En 1989 a Compañía da Ópera trasladou a súa sede ao recentemente construído Teatro da Bastilla e a súa vella sede recibiu o nome de Pazo Garnier, onde permanece a Academia Nacional de Música. Malia a mudanza do nome oficial e do traslado da Compañía da Ópera, o Pazo Garnier segue sendo coñecido popularmente polo nome de Ópera de París.