Ópera de Pequín
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ópera de Pequín (en chinés: 京剧) é unha forma de ópera chinesa que mestura música, canto, mímica, danza e acrobacias. Xurdiu a finais do século XVIII e desenvolveuse plenamente a mediados do século XIX.[1] Este espectáculo era extremadamente popular na corte da dinastía Qing e está considerado como un dos tesouros culturais da China.[2] As principais agrupacións de artistas son os de Pequín e Tianjin no norte, e Shanghai no sur.[3] Esta forma de arte foi tamén preservado en Taiwán (República da China), onde é coñecido como Guójù (chinés tradicional:國劇, chinés simplificado: 国剧; literalmente: "teatro Nacional"). Tamén se estendeu a outros países como os Estados Unidos e o Xapón.[4]
Ópera de Pequín | |
---|---|
Artista masculino da ópera de Pequín. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | China |
Localización | Pequín |
Tipo | Cultural inmaterial |
Criterios | R1, R2, R3, R4 e R5 |
Inscrición | 2010 |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 00418 |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os principais instrumentos da opera de Pequín son o jhingun. Este instrumento é característico pola forma na que é tocado, con fortes golpes.