As aventuras de Robin Hood
Filme de 1938 dirixido por Michael Curtiz e William Keighley / From Wikipedia, the free encyclopedia
As aventuras de Robin Hood (en inglés: The Adventures of Robin Hood) é un filme estadounidense de 1938 de Warner Bros., producido por Hal B. Wallis e Henry Blanke, dirixido por Michael Curtiz e William Keighley, e protagonizado por Errol Flynn, Olivia de Havilland, Basil Rathbone e Claude Rains. Escrito por Norman Reilly Raine e Seton I. Miller, conta a historia de Robin Hood, un cabaleiro saxón que en ausencia do rei Ricardo, que está en Terra Santa nas Cruzadas, loita contra o príncipe Xoán e os seus opresores señores normandos.
As aventuras de Robin Hood | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Adventures of Robin Hood |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía |
|
Montaxe | Ralph Dawson |
Estudio | Warner Bros. Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 14 de maio de 1938 17 de marzo de 1991 (TVG) |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $2 033 000[1] |
Recadación | $3 981 000[1] |
Na rede | |
As aventuras de Robin Hood foi aclamado pola crítica dende a súa estrea.[2] En 1995, foi considerado "cultural, histórica ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, e foi escollido para a súa preservación no National Film Registry.[3]
Estreouse en galego o 17 de marzo de 1991 a través da TVG.[4]