Gran Premio de Australia de 2009
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Australia de 2009 (formalmente o LXXIV Gran Premio de Australia ING) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 29 de marzo de 2009 no Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne, Australia. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A carreira, composta por 58 voltas, foi gañada por Jenson Button do equipo Brawn GP tras saír da pole position. Rubens Barrichello finalizou segundo no segundo automóbil de Brawn GP e con Jarno Trulli, de Toyota, terceiro.
Detalles da carreira[1] | ||
---|---|---|
Carreira 1 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. | ||
Trazado do circuíto de Melbourne. | ||
Data | 29 de marzo de 2009 | |
Nome oficial | LXXIV Gran Premio de Australia ING | |
Localización | Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne, Australia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5,303 km | |
Distancia | 58 voltas, 307,574 km | |
Clima | Soleado | |
Pole position | ||
Piloto | Jenson Button | Brawn-Mercedes |
Tempo | 1:26.202 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Nico Rosberg | Williams-Toyota |
Tempo | 1:27.706 na volta 48 | |
Podio | ||
Primeiro | Jenson Button | Brawn-Mercedes |
Segundo | Rubens Barrichello | Brawn-Mercedes |
Terceiro | Jarno Trulli | Toyota |
Brawn GP converteuse no primeiro construtor en clasificar na pole position para logo gañar o Gran Premio no seu debut desde que Mercedes o fixera no Gran Premio de Francia de 1954[2]. A carreira tamén foi a segunda en toda a historia da Fórmula 1 en rematar baixo condicións de safety car (a primeira no Gran Premio do Canadá de 1999) despois dunha colisión entre Robert Kubica e Sebastian Vettel, que ían rodando segundo e terceiro, respectivamente, na volta 56 a falta de dúas para o final.