Grigori Perelman
matemático ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grigori Yakovlevich Perelman (en ruso: Григо́рий Я́ковлевич Перельма́н /pɛrɪlˈmɑːn/), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral.
En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006. Isto levou a resolver afirmativamente a conxectura de Poincaré.
En agosto de 2006, Perelman foi premiado coa medalla Fields[1] pola "súas contribucións á xeometría e a súa revolucionaria perspicacia na estrutura analítica e xeométrica do fluxo de Ricci",[2] mais declinou aceptou o premio indicando: "Non estou interesado no diñeiro ou a fama; non quero ser exhibido como un animal nun zoo".[3] O 22 de decembro de 2006, a revista Science recoñeceu a demostración de Perelman da conxectura de Poincaré como o "descubrimento científico do ano", no que foi o primeiro descubrimento na área das matemáticas que recibía este título.[4]
O 18 de marzo de 2010 anunciouse que Perelman cumpría os criterios para recibir o primeiro premio do milenio[5] pola solución da conxectura de Poincaré. O 1 de xullo rexeitou o premio dun millón de dólares dicindo que a decisión da xunta do Instituto Clay de Matemáticas e o premio eran inxustos e que a súa contribución á resolución da conxectura non era maior cá de Richard S. Hamilton, matemático pioneiro no emprego do fluxo de Ricci para atacar a conxectura.[6][7] Perelman tamén rexeitou o prestixioso premio da Sociedade Europea de Matemáticas.[8][9]