Ida Vitale
escritora uruguaia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ida Vitale, nada en Montevideo o 2 de novembro de 1923, é unha poeta, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria uruguaia. É membro do movemento artístico denominado "Xeración do 45" e representante da poesía "esencial", inscrita na tradición da vangarda histórica americana. A súa poesía indaga na alquimia da linguaxe e establece un encontro entre unha exacerbada percepción sensorial de raíz simbolista, sempre atenta ao mundo natural, e a cristalización conceptual no seu perfil máis preciso.[1] Recibiu diversos premios, entre eles o Premio Octavio Paz (2009), o Premio Alfonso Reyes (2014) o Premio Reina Sofía (2015), o Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (2016), o Premio Max Jacob (2017) e o Premio Cervantes (2018) que valora "a súa linguaxe, unha das máis recoñecidas en español".[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1923 (100 anos) Montevideo, Uruguai |
Datos persoais | |
Residencia | Austin (1990–2016) Cidade de México (1973–1983) Montevideo |
País de nacionalidade | Uruguai |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, crítica literaria, translations from Italian (en) e translation from French (en) |
Ocupación | escritora , poetisa , mestra , crítica literaria , tradutora |
Período de actividade | 1962 - |
Xénero artístico | Poesía, crítica literaria e ensaio |
Movemento | Generación del 45 (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Enrique Fierro (1970–) Ángel Rama (1950–1969) |
Fillos | Claudio Rama Vitale (pt) () Ángel Rama |
Premios
|