Ihya’ Ulum al-Din
From Wikipedia, the free encyclopedia
O renacemento das ciencias relixiosas; en árabe, احياء علوم الدين, transliterado: Iḥyā′ 'Ulūm al-Dīn') é un libro do século XI escrito polo teólogo persa Abū Ḥāmid Muḥammad ibn Muḥammad al-Ghazali.[1][2][3] O libro foi escrito en árabe e baséase na experiencia relixiosa persoal do autor. Considérase unha das súas obras principais, e tamén unha introdución clásica ao camiño do piadoso musulmán cara a Deus.[4] Orixinalmente abrangue máis de 40 volumes, aborda os principios e prácticas do islam e demostra como estes poden ser a base dun pensamento relixioso, mantendo así os máis altos niveis de sufismo. O libro Kimiyā al-Sa'ādat (A alquimia da felicidade) é erroneamente considerado por algúns como unha reescritura desta obra. Kimyā al-Sa'ādat é máis breve que isto, pero Ghazali dixo que escribiu O renacemento das ciencias relixiosas para reflectir a natureza destas últimas, así como outros escritos teolóxicos.[5]
O renacemento das ciencias relixiosas | |
---|---|
Título orixinal | احياء علوم الدين |
Autor/a | Al-Ghazālī |
Orixe | Irán |
Lingua | Árabe |
Data de pub. | Comezos do século XII |
[ editar datos en Wikidata ] |