Museo Americano de Historia Natural
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Americano de Historia Natural,[1] en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca.
Museo Americano de Historia Natural American Museum of Natural History | |
---|---|
Fachada da entrada leste desde Central Park | |
Coordenadas | 40°46′50″N 73°58′29″O |
País | Estados Unidos |
Cidade | Nova York |
Tipo | Historia natural |
Director | Ellen V. Futter |
Inauguración | 6 de abril de 1869 |
Visitantes | 5 millóns/ano |
Na rede | |
http://www.amnh.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.[2]
Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano,[3] e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.[4]
O AMNH é unha organización privada.[5]
A súa declaración de obxectivos é:
Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.[6]