Suicidio
acto de quitarse a propia vida deliberadamente / From Wikipedia, the free encyclopedia
O suicidio é o acto de quitar a propia vida.[1] Os factores de risco inclúen trastornos mentais como depresión, trastorno bipolar, esquizofrenia, trastorno de personalidade e abuso de substancias, incluíndo alcoholismo e uso de benzodiacepinas.[2][3][4] Outros suicidios resultan de actos impulsivos debido ao estrés e/ou dificultades económicas, problemas con relacións interpersonales ou bullying.[4][5] Intentos de suicidio anteriores son factores importantes que deberían ser considerados, posto que son máis comúns entre os que xa tentaron suicidarse.[4] Os esforzos de prevención do suicidio inclúen a limitación do acceso a métodos de suicidio, como armas de fogo, drogas e velenos, o tratamento de trastornos mentais e drogodependencia, medios de comunicación de masas adecuados sobre informes de suicidio e melloria das condicións económicas.[4] Aínda que o uso de liñas telefónicas de emerxencia sexa común, hai pouca evidencia para a súa eficacia.[6]
Suicidio | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Le Suicidé, por Édouard Manet, 1877–1881. | |
ICD-10 | X60–X84 |
ICD-9 | E950 |
MedlinePlus | 001554 |
eMedicine | article/288598 |
MeSH | F01.145.126.980.875 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os métodos de suicidio máis utilizados varían en cada país, e están en parte relacionados coa dispoñibilidade de medios eficaces.[7] Os métodos comúns inclúen enforcamento, envelenamento por pesticidas e recurso a armas de fogo.[4][8] No mundo, 828.000 persoas cometeron suicidio en 2015 (fronte ás 712.000 mortes en 1990).[9][10] Isto fai que esta sexa a décima principal causa de morte en todo o mundo.[3][11]
Aproximadamente o 0,5% ao 1,4% das persoas morren por suicidio, preto de 12 a cada 100,000 persoas ao ano.[11][12] Tres cuartos dos suicidios ocorren globalmente nos países en desenvolvemento.[4] As taxas de suicidios consumados son xeralmente máis elevadas nos homes que nas mulleres, que varían de 1,5 veces máis no mundo en desenvolvemento ata 3,5 veces máis no mundo desenvolvido.[13] O suicidio xeralmente é máis común entre os maiores de 70 anos; con todo, en certos países, aqueles con idades entre 15 e 30 presentan un risco máis elevado.[13] Hai unha estimación de 10 a 20 millóns de intentos suicidas non-fatais cada ano en todo o mundo.[14] Os intentos de suicidio non-fatais poden provocar lesións e discapacidade a longo prazo. No mundo occidental, os intentos son máis comúns nos mozos e persoas do sexo feminino.[12]
As interpretacións acerca do suicidio teñen sido tratadas baixo amplos puntos de vista culturais máis concretamente en temas existenciais como relixión, filosofía, psicoloxía, honra e o sentido da vida.[15][16] As relixións abraâmicas consideran tradicionalmente o suicidio unha ofensa contra Deus debido á crenza relixiosa na santidade da vida.[17] Durante a era samurai no Xapón, existía unha forma de suicidio coñecido como seppuku (harakiri) que era respectada como unha forma de expiación do fracaso ou como unha forma de protesto ou pena de morte fronte á deshonra por un crime, delito ou por outro motivo que os avergoñaba[18]. O satí é unha antiga práctica prohibida polo Raj Británico, no cal a viúva se auto-imola na pira funeraria do seu home, sexa voluntariamente ou por presión da familia e/ou da sociedade.[19] O suicidio e o suicidio tentado, aínda que anteriormente fose ilegal, xa non o é máis na maioría dos países occidentais.[20], a pesar de nalgunhas xurisdicións aínda considerarse un delito.[21] Nos séculos XX e XXI, o suicidio foi usado en raras ocasións como forma de protesto, ou na forma de kamikaze e de atentados suicidas como unha táctica militar ou terrorista.[22] A palabra provén do latín suicidium, que significa "matar a si mesmo".[23]