Terminator: Dark Fate
filme de 2019 dirixido por Tim Miller / From Wikipedia, the free encyclopedia
Terminator: Dark Fate é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Tim Miller e escrito por David Goyer, Justin Rhodes e Billy Ray a partir dunha historia de James Cameron, Charles Eglee, Josh Friedman, Goyer, e Rhodes. Cameron tamén produciu o filme xunto con David Ellison. É o sexto título da franquía Terminator, sendo a secuela de Terminator 2: O xuízo final (1991), sen ter en conta os eventos de Terminator 3: A rebelión das máquinas (2003), Terminator Salvation (2009) e Terminator Genisys (2015), coa volta de Cameron ao control creativo.[3]
Terminator: Dark Fate | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Terminator: Dark Fate |
Director | Tim Miller |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Tom Holkenborg |
Fotografía | Ken Seng |
Montaxe | Julian Clarke |
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Europa: 23 de outubro de 2019 1 de novembro de 2019 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | 185–196 millóns de dólares |
Recadación | 261,1 millóns de dólares |
Na rede | |
http://TerminatorMovie.com/ | |
|
O filme está protagonizado por Linda Hamilton e Arnold Schwarzenegger nos papeis de Sarah Connor e o Terminator T-800 respectivamente, reunindo os actores logo de 23 anos. O filme conta tamén con Mackenzie Davis, Natalia Reyes, Gabriel Luna e Diego Boneta como os novos personaxes. Ambientado 25 anos despois dos eventos de Terminator 2, o filme conta como as máquinas envían un avanzado Terminator (Luna), chamado Rev-9, atrás no tempo ata 2020 para matar a Dani Ramos (Reyes), cuxo destino está conectado ao futuro.