Ucraína no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ucraína participou 12 veces no Festival de Eurovisión, facendo o seu debut no festival do 2003 no que obtivo o posto 14. Na súa segunda participación no 2004 obtivo a vitoria grazas a cantante Ruslana e o seu Wild Dances. A capital ucraína acolleu o festival de 2005.
Datos rápidos Ligazóns externas ...
Ucraína | |
---|---|
Estación membro | NTU |
Final nacional | Final Nacional/Elección Interna |
Aparicións | 12 |
Primeira aparición | 2003 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 2004 |
Semifinal | 1° 2008 |
Peor resultado | |
Final | 20º 2005 |
Semifinal | 8º 2012 |
Ligazóns externas | |
Páxina en NTU | |
Páxina de Ucraína en Eurovision.tv |
Pechar
Ucraína rematou en varias ocasións no segundo posto, como en 2007 con Verka Serduchka, en 2008 con Ani Lorak, e no Festival de Eurovisión 2013 rematou terceira coa cantante Zlata Ohnevych.
Entre 2004 e 2014 rematou no top ten en oito ocasións. Xunto con Romanía, Acerbaixán, Rusia e Grecia, Ucraína nunca perdeuse unha final desde a introdución das semifinais no ano 2004.
Ucraína non participará no Festival de Eurovisión 2015 por causa da guerra civil neste país.