escritor e economista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Álvaro Fernández Suárez, nado en Couxela (Ribadeo) o 21 de decembro de 1906 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1990, foi un escritor e economista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1906 Couxela, España |
Morte | 21 de agosto de 1990 (83 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , economista |
Lingua | Lingua castelá |
En 1924 fundou con Eustaquio Lago na Veiga o periódico "Ecos Vegadenses", posteriormente estudou en Donostia e Madrid, licenciándose en Dereito. Militou no Partido Republicano Presidencialista de España, publicando artigos no periódico El Presidencialista, órgano deste partido entre 1928 e 1930. Ingresou por oposición en 1931 no Corpo de Técnicos Comerciais do Estado. Foi axudante na cátedra de Adolfo Posada na Universidade de Madrid. Tratou a intelectuais e artistas como Francisco Ayala, Rafael Alberti, ou Agustín de Foxá, e foi moi amigo de León Felipe.
Marchou a Xenebra como delegado do goberno republicano no Comité de Expertos para establecer as Sancións a Italia por parte da Sociedade de Nacións. Ao estalar a Guerra Civil española en 1936 estaba de Agregado Comercial na Embaixada de España en Roma, o goberno da República trasladouno a París, de onde o chamaron despois a Madrid. Pasou a guerra seguindo ao goberno republicano, de Madrid a Valencia e de Valencia a Barcelona. Cando caeu esta cidade en 1939, saíu en avión cara Orán e de alí a Francia.
En Francia conviviu con Manuel Azaña en Pyla, preto de Arcachón. De Francia marchou exiliado a Uruguai onde pasou grandes penurias ata que logrou diversas colaboracións literarias e un emprego na Universidade de Montevideo. En 1949 pasou a Buenos Aires, colaborando en La Nación, Sur e outras publicacións, mentres escribiu e publicou varias obras de ficción.
En 1954 solicitou o seu regreso á Embaixada de España, sendo admitido a pesar do que tiña escrito contra o réxime franquista. Obtivo o reingreso no Corpo de Técnicos Comerciais do Estado; lo obtuve con explícita constancia de mi ideología y de mi conducta durante la guerra civil.
En Madrid desempeñou tamén a subdirección da revista cultural Indice, e reiniciou a súa carreira de ensaísta social e económico, publicando un incisivo ensaio sobre política agrícola, Los mitos agrarios, e con El pesimismo español logrou ser finalista do prestixioso Premio Espejo de España en 1983.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.