Couxela, Ribadeo
parroquia civil do concello de Ribadeo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santiago de Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2022 tiña 88 habitantes,[2] en 2011 tiña 132 (69 homes e 63 mulleres, agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares), e en 1999 tiña 165 habitantes.
Remove ads
Xeografía
Limita ao leste coa Veiga (Asturias), da cal está separada polo río Eo; ao sur coa Valboa (concello de Trabada), separada polo regato da Ferreira; ao norte con Santalla de Vilausende; e ao oeste con Cedofeita. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 230 m.
Toponimia
Posiblemente a súa orixe estea en Covus (cóncavo),[3] forma latina arcaica. Á súa variante Covius foille engadido o sufixo -ellus, dando Coviella, que estaría relacionado coa valgada que forma no terreo.[4] A sílaba -vi- evoluciona ao -x- galego, como foveum -> foxo, dando Coxela. Pero o -v- de Covius representa un son palatal parasitario, parecido ao w inglés, que leva ao actual -u-, breve e átono, dando Couxela, co -ll- xeminado transformado en -l-.
Aparece documentado como Coegela e Coiegela.
Remove ads
Festas
Na actualidade só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto domingo de setembro. Tempos atrás celebrábanse tamén as festas de San Brais (3 de febreiro), Santo Antón (13 de xuño) e Santiago (25 de xullo).
Lugares e parroquias
Lugares de Couxela
Lugares da parroquia de Couxela no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
Os Bispos | Os Casais | A Casanova | As Cerdeiriñas | Cima de Vila | Fornelo | Irexe | Maizán | Moural | O Rego | Sendín | A Venda | A Xunqueira |
Parroquias de Ribadeo
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads