1917 (filme de 2019)
filme de 2019 dirixido por Sam Mendes / From Wikipedia, the free encyclopedia
1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.[6] O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.
1917 | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 1917 |
Director | Sam Mendes |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Londres: 4 de decembro de 2019 25 de decembro de 2019 10 de xaneiro de 2020 21 de xuño de 2022 (TVG) |
Duración | 119 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Bélico |
Orzamento | 90–100 millóns de dólares[2][3] |
Recadación | 368,3 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
https://www.1917.movie/ | |
|
O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.[7][8][9]
1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.
Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG.[10] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[11]