O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 355 días para finalizar o ano , 356 nos anos bisestos .
49 a. C. - Xulio César cruza o río Rubicón , marcando o inicio da segunda guerra civil da República romana .
1072 - O normando Roberto Guiscardo conquista Palermo .
1474 - Na localidade de Delft , na Holanda Meridional , publícase a Biblia de Delft , a primeira en lingua neerlandesa .
1514 - En España publícase a Biblia Complutense , a primeira edición multilingüe.
1601 - A Corte de Filipe III de España trasládase de Madrid a Valladolid , conforme unha orde oficial do día anterior.
1806 - Na Cidade do Cabo (Suráfrica ), os Países Baixos réndense a Inglaterra .
1810 - O matrimonio entre Napoleón Bonaparte e Josephine de Beauharnais é anulado.
1861 - Na guerra civil estadounidense , Florida sepárase da Unión.
1863 - Inaugurada a primeira liña do Metro (tren subterráneo) de Londres
1880 - Na montaña de Cucaracha (Panamá ) estala a primeira carga de dinamita que tiña de derrubar as cordilleiras do istmo para dar paso as augas polo interoceánico Canal de Panamá .
1889 - Francia ocupa Costa do Marfil .
1920 - A Liga das Nacións (precursora da ONU ) reúnese por primeira vez e ratifica o Tratado de Versalles . Remata a primeira guerra mundial .
1922 - En Irlanda , Arthur Griffith é escollido presidente do Estado Libre de Irlanda .
1923 - Lituania ataca e anexa a cidade de Klaipeda (Memel en alemán).
1929 - Comeza a publicación das Aventuras de Tintín , de Georges Remi (Hergé ). A primeira aventura foi "Tintín no país dos Soviets" .
1941 - En Berlín , a Unión Soviética e Alemaña asinan un pacto que delimita as novas fronteiras entre os dous países.
1942 - Xapón invade Indonesia .
1945 - En Londres , o rei Xurxo VI inaugura solemnemente os traballos preparatorios da Organización das Nacións Unidas .
1946 - En Londres inaugúrase a Asemblea Xeral das Nacións Unidas . Están representadas cincuenta e unha nacións.
1946 -Mao Tse Tung e Chiang Kai-shek declaran o alto o fogo na China trala mediación do presidente estadounidense Harry S. Truman .
1962 - Nos EUA a NASA anuncia os seus plans de construír un foguete Saturn V para a súa Misión Apolo .
1964 - Panamá rompe relacións diplomáticas cos Estados Unidos .
1973 - O cineasta español Luis Buñuel é galardoado en Hollywood co Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por O discreto engado da burguesía .
1985 - En Nicaragua , Daniel Ortega toma posesión da presidencia.
1989 - En Angola , as tropas cubanas comezan a retirarse.
1995 - O rei de España , Juan Carlos I e o expresidente dos Estados Unidos , Jimmy Carter obteñen o Premio da Paz da UNESCO .
1997 - Arnoldo Alemán toma posesión da presidencia de Nicaragua .
Francesc Ferrer i Guàrdia.
Katharine Burr Blodgett
1538 - Luis de Nassau , xeneral holandés (m. 1574 ).
1769 - Michel Ney , mariscal francés (m. 1815 ).
1859 - Francesc Ferrer i Guàrdia , pedagogo e librepensador catalán (m. 1909).
1880 - Manuel Azaña , presidente da Segunda República Española (m. 1940 ).
1883 - Aleksei Nikolaevich Tolstoi , escritor ruso (m. 1945).
1892 - César Alvajar , escritor, xornalista e político galego (m. 1965).
1893 - Vicente Huidobro , poeta chileno (m. 1948).
1898 - Katharine Blodgett , inventora estadounidense e primeira doutora en Física por Cambridge.
1920 - Miguel Anxo Araúxo Iglesias , bispo e escritor (m. 2007 ).
1924 - Eduardo Chillida , escultor español (m. 2002 ).
1936 - Robert Woodrow Wilson , científico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1978 .
1945 - Rod Stewart , cantante e músico escocés.
1947 - Afeni Shakur , membro do Partido Pantera Negra e nai de Tupac Shakur .
1948 - Mischa Maisky , violonchelista israelí de orixe letoa.
1949 - George Foreman , boxeador estadounidense.
1956 - Antonio Muñoz Molina , escritor español.
1956 - Suso de Toro escritor galego .
1973 - Iker Jiménez , xornalista vasco .
1985 - Martiño Rivas , actor galego.
Carl von Linné.
Coco Chanel
1276 - Gregorio X , papa e santo italiano (n. 1276 ).
1778 - Carl von Linné , botánico sueco (n. 1707 ).
1862 - Samuel Colt , inventor do revólver que leva o seu nome (n. 1814 ).
1917 - Buffalo Bill , showman estadounidense (n. 1845 ).
1940 - Guillermo Vicente Santiago , industrial, xornalista e político galego (n. 1896).
1951 - Sinclair Lewis , escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1930 (n. 1885 ).
1957 - Gabriela Mistral , poetisa chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945 (n. 1889 ).
1960 - Xohán Casal , escritor galego (n. 1935).
1961 - Dashiell Hammett , escritor estadounidense (n. 1894 ).
1971 - Coco Chanel , deseñadora francesa (n. 1883 ).
1985 - Anton Karas , compositor e intérprete de cítara vienés (n. 1906).
1985 - Mary Kenneth Keller , pioneira estadounidense da informática (n. 1913 ).
1986 - Jaroslav Seifert , escritor checoslovaco e Premio Nobel de Literatura en 1984 (n. 1901 ).
1997 - Alexander R. Todd , químico escocés, Premio Nobel de Química en 1957 (n. 1907 ).
2007 - Carlo Ponti , produtor de cine italiano, marido de Sophia Loren (n. 1912 ).
2011 - Juanito Navarro , actor español (n. 1924 ).
2016 - David Bowie , cantante inglés (n. 1947 ).
2017 - Gonzalo Puente Ojea , escritor e diplomático español (n. 1924).