From Wikipedia, the free encyclopedia
Ace of Base foi unha banda dance e pop de Suecia constituída por Ulf Gunnar Ekberg (Buddha), e os irmáns Jonas Berggren (Joker), Malin Sofia Katarina Berggren (Linn) e Jenny Cecilia Berggren. Moitas veces foron comparados con ABBA, outra banda do mesmo país. En Galicia tiveron grande éxito especialmente en 1993 co álbum The Sign (versión americana do álbum "Happy Nation").
Ace of Base | |
---|---|
Orixe | Gotemburgo, Suecia |
Período | 1990 - 2012 |
Xénero(s) | eurodance, europop |
Selo(s) discográfico(s) | Mega Records (1992-1999) Edel-Mega Records(1999-2003) Arista Records Estados Unidos (1993-2000) |
Membros | Clara Hagman Jonas Berggren Julia Williamson Ulf Ekberg |
Antigos membros | Jenny Berggren Linn Berggren |
Na rede | |
A historia da banda tivo inicio cando os tres irmáns Jonas, Jenny e Linn Berggren formaron unha banda chamada "Tech Noir". Jonas coñeceu ao Ulf Ekberg e xuntos comezaron a compor e producir música, creando así Ace of Base.
Despois de gravar unha fita demo, onde entre outras estaba o sonado sinxelo "All That She Wants", foron a Estocolmo na procura dos grandes selos discográficos. Ningún deles se mostrou interesado (Jonas aínda se lembra de alguén falando que a música era "Obvia demais, simple demais"). O próximo paso foi Copenhaguen, onde Mega Records inmediatamente viu que tiñan potencial e adorou o estilo pop-reggae da música.
O primeiro single de Ace of Base foi "Wheel of Fortune", seguido entón polo coñecidísimo hit "All That She Wants". "The Sign" e "Don't Turn Around" tamén se tornaron éxitos internacionais.
A banda primeiramente tivo éxito en Dinamarca, despois Alemaña, o resto de Europa, Asia, antes de conquistar a América.
No total, o primeiro álbum, chamado Happy Nation, vendeu 23 millóns de copias e mantén a marca de Álbum de Estrea Máis Vendido no Libro Guiness dos Récords, alén de alcanzar varios premios, coma seis WMA, tres Billboard Awards, tres America Music Awards, varios Grammy Awards de Europa e dous nomeamentos aos Grammy.
Cos seguintes álbums que seguiron ao exitoso The Sign o éxito foi decaendo, sendo considerábeis as vendas en Galicia de The Bridge e Flowers. O recompilatorio Singles of the 90s (2000) tamén tivo éxito co sinxelo C'est la Vie.
Malin Sofia Katarina Berggren (Linn), a principal vocalista, apartouse da banda antes do recompilatorio Singles of the 90s en 2000 por motivos persoais e de saúde. Jenny Cecilia Berggren continuou na banda como vocalista até Da Capo (2003); despois seguiu a súa carreira por solitario.
Despois dunha paréntese, Ace of Base volveu en 2010 con The Golden Ratio, desta vez con dúa novas vocalistas: Clara Hagman e Julia Williamson.
En 2015 publican Hidden Gems, unha escolma de temas que non chegaron a publicar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.