escultor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1940 (84 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Movemento | Expresionismo |
Profesores | Francisco Asorey |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios
| |
Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.
Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008[1] é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.
En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[2]
Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.
Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.