Luís González Tosar
poeta galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego,[1] residente en Santiago de Compostela.[2]
Remove ads
Traxectoria
De familia galega, por volta de 1969 regresou a Galicia, completando en Vigo o bacharelato. Licenciado en 1981 en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario dende 1984. Foi fundador e director da revista Dorna e coordinador da colección Dombate de poesía.
Moi vencellado ó mundo da emigración, visitou en varias ocasións as sociedades galegas de cidades como A Habana e Buenos Aires, onde impartiu conferencias e cursos.[3]
É presidente do PEN Clube de Galicia desde 1995 e foi membro da Fundación Rosalía de Castro.[4]
A súa obra foi traducida ao catalán, italiano, inglés, francés, alemán e húngaro.[1]
Remove ads
Obra
Poesía
- A caneiro cheo, 1986, Sociedade de Cultura Valle-Inclán e Galaxia.
- Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras, 1986.
- Remol das travesías, 1989, Galaxia.[5]
- Campás de recalada, 1992.
- Coa forza da palabra, 1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela (antoloxía poética).
- Madeira do meu canto / Madera de mi canto, 1998, Visor, Madrid. Antoloxía bilingüe galego-castelán.
- Invocació d'un temps (poesia, 1986-2000). Invocación dun tempo (poesía, 1986-2000), 2001, Viena (Barcelona).[6]
- Estúrdiga materia, 2008, Galaxia.
Narrativa
Tradución
- A volta do xove Príncipe, de Alejandro Guillermo Roemmers, 2013, Galaxia.
Como editor literario
- Polos vieiros da saudade de Ramón Otero Pedrayo, 2001, Galaxia.
- Fonduxos da memoria: obra poética (1946-1998), de Ramón Somoza Barros, 2002, Concello de Campo Lameiro.
- Poesía brasileira hoxe, 2004.
- Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do P.E.N. Let's call our language voice of freedom / prose writers of Galician P.E.N., 2005, PEN Clube de Galicia.
Obras colectivas
- Fantasías reais: almas dun protocolo, de Luis Moure Mariño, 1993, Ir Indo. Tradución do castelán ao galego, con Marisa Guerra.
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.[8]
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Editorial Toxosoutos.
- Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Alfonso Blanco Torrado e Armando Requeixo, 2014, Galaxia.
- Sombras radiantes y otros poemas, de Xosé María Díaz Castro, edición bilingüe en colaboración con Armando Requeixo, 2014, Eneida.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.[9]
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Remove ads
Premios
- Premio Esquío de poesía no 1985, por A caneiro cheo.
- Premio Antón Losada Diéguez no 1986, por A caneiro cheo.
- Premio da Crítica española no 1989, por Remol das travesías.[5]
- Premio Julio Camba de xornalismo en 1999.
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 2005.
- Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 2009, por Estúrdiga materia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads