instrumento musical de vento From Wikipedia, the free encyclopedia
O acordeón[1] é un instrumento musical de vento, é o máis pequeno representante da familia do órgano. Consiste basicamente nunha harmónica unida a un fol que permite o desprazamento de aire, xunto a un xogo de palletas que vibran co paso do mesmo.
O primeiro prototipo de acordeón foi deseñado polo berlinés Christian Friedrich Ludwig Buschmann quen lle engadiu un fol á orixinal harmónica no ano 1822. O 6 de maio de 1829 o austríaco Cyrill Demian patentou un acordeón consistente en dúas caixas de madeira unidas por un fol flexible que se podía abrir e pechar para impulsar o aire. As caixas levaban dúas ringleiras de lingüetas unidas a botóns, que permitían seleccionar os sons mediante a súa pulsación. No ano 1880 engadíuselle un segundo teclado para a man esquerda que permitía facer o acompañamento da melodía tocada coa dereita. Desde ese momento o acordeón introduciuse na música tradicional de toda Europa.
Na súa chegada a Galiza o acordeón fíxose moi popular nos bailes agarrados,[2] ocupando o lugar, en ocasións, dos tradicionais gaiteiros en romarías e foliadas. Empregáronse tradicionalmente dous tipos: o acordeón diatónico, que só permite a escala diatónica e no que un mesmo botón emite unha ou outra nota segundo se abra ou peche o fol; e o acordeón cromático, que permite escalas cromáticas e emite a mesma nota independentemente de se se abre o pecha o fol. O acordeón cromático integrouse desde mediados do século XX nos cuartetos tradicionais e nas charangas galegas, xunto a gaitas, clarinetes e saxofóns.
Despois da segunda guerra mundial o seu uso recuou, até que arredor de 1980, comeza a se recuperar na música tradicional de moitas partes de Europa, e mesmo en grupos de música alternativa, como Mano Negra. É frecuente o seu uso na música galega contemporánea en grupos como Berrogüetto, Os Cempés, A Compañía do Ruído ou Os Diplomáticos de Monte-Alto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.