Pablo Carpintero Arias
artesan, músico e musicólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pablo Carpintero Arias, nado en Castro (Carballedo) o 20 de abril de 1969, é un músico, artesán[1] e investigador galego.[2] É doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela onde foi profesor de bioquímica. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupos de recuperación de tradicións musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.[3]

Pablo Carpintero e a súa muller Rosa Sánchez recolleron máis de 900 horas de gravacións que doaron ao APOI do Museo do Pobo Galego. [4] Os dous traballan no folclore infantil, na evolución da morfoloxía e do repertorio da gaita de fol e dos instrumentos que a acompañan, na súa contextualización social e histórica e no estudo dos diversos instrumentos musicais tradicionais do noroeste peninsular. [5]. Sobre estes temas ten varios libros publicados.[3] En 2009 recibiu o premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio polo seu libro Os instrumentos musicais na tradición galega[6]. Recibiu tamén o premio Marqués de Lozoya 2013 polo seu traballo de investigación sobre a requinta da Ulla (frauta traveseira tradicional).
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[7]
Remove ads
Traxectoria
Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en ciencias. Traballou como investigador no Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos da USC. Dende 2003 e durante catro anos foi profesor de bioquímica no departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC.

Comezou a toca-la gaita de fol ós oito anos e con dezaoito fundou a Banda de Gaitas da Asociación Cultural Val do Asma de Chantada e o grupo Folerpas de Chantada. No ano 1990 ingresou na agrupación Cantigas e Agarimos. Uns anos máis tarde ingresou na agrupación Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago de Compostela, da que foi director durante varios anos. En 1999 formou un grupo de requinteiros, máis tarde coñecido como A requinta de Xian, editando o seu primeiro disco no ano 2003. Impartiu clases como profesor de gaita de fol en diversas asociacións e escolas: Escola Municipal de Gaita do Concello de Santa Comba, grupo de gaitas do Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, grupo de requinteiros A Requinta de Xián e a sección instrumental do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia[8]. A partir de 2003 colabora no programa da Radio Galega Lume na Palleira, levando a cabo unha sección especialmente dedicada á música tradicional galega: "O Recuncho da Palleta". Ó longo de 2004 participou no programa matinal de Xusto Carril, realizando unha sección dedicada ó canto tradicional. En 2005 entrou a formar parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, onde desenvolven un proxecto de posta en valor e difusión do folclore musical.[9]
Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel[10] da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que avaliou a inclusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade entre 2010 e 2013.
Durante varios anos colaborou con Luar da TVG presentando música popular[11] e o mesmo en Lume na Palleira da Radio Galega.
Remove ads
Discografía

Solista
- Os nosos gaiteiros. Pablo Carpintero
Co Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
A Requinta de Xián
- Os nosos gaiteiros. A Requinta de Xián (2002)
- Feita en Riobó
Manseliña (con Tin Novio e María Jiménez)
- Don Tristán “o Namorado” fez esta cantiga
- Sedia la fremosa
- Maria Pérez se maenfestou. Cantigas de escarnio a María Balteira (2021).
Remove ads
Publicacións
Libros
- Carpintero Arias, Pablo (2009). Os instrumentos musicais na tradición galega. Ourense: Difusora de letras, artes e ideas, SL. ISBN 978-84-937421-5-7.
- Carpintero Arias, Pablo; Quintana López, Pablo; Carballo Penelas, Daniel. Desiderio Sampayo Rico. Siderio de Vilarmide. Canela Producións Editorial Etnográfica SL. ISBN 978-84-606-7403-0.
- Carpintero Arias, Pablo; Castro Vicente, Cástor. Os sons da Limia. Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 978-84-937090-3-7.
- Carpintero Arias, Pablo (coord.); Xil Xardón, Xavier; Area Carracedo, Iván Carlos (coord.). Contos de ida e volta. Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 978-84-935963-8-5.
- Carpintero Arias, Pablo; Area Carracedo, Iván Carlos; Costas González, Xosé Enrique. Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural. Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 978-84-937421-1-9.
Premios
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio 2010
- 2024: Premio Tenerife al Fomento y la Investigación de la Artesanía de España y América.[12]
Colaboracións
Televisión
- Luar (Televisión de Galicia)
- Alalá (Televisión de Galicia)
Radio
- Lume na palleira (Radio Galega)
Galería de imaxes
- Reprodución elaborada por Pablo Carpintero Arias
- Reprodución dunha gaita de Ponte da Barca (Portugal)
- De Ronquillo, de Perfecto Feijoo, feita por Manuel Villanueva de Poio. Reprodución de Pablo Carpintero
- Gaita de Xan de Campañó (Pontevedra). Reprodución feita por Pablo Carpintero Arias
- Gaita Eo-Naviega (Grandas de Salime, Asturias). Reprodución feita por Pablo Carpintero Arias
- Pandeireta tradicional construída por Pablo Carpintero Arias
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads